Saturday 18 de May de 2024

O equipo de goberno apela ao “civismo” tras as pintadas que se cometeron na área exterior do local social de Ans


· As mesas, bancos, árbores e mesmo o céspede apareceron cubertos de graffitis.

A área de esparexemento sita no exterior do local social de Ans foi obxecto, nos últimos días, dunha serie de actos vandálicos. As mesas, os bancos e mesmo as árbores e o céspede da zona apareceron cubertos por numerosas pintadas.

Desde o Concello explican que estes feitos atentan contra “o patrimonio municipal, que é de todos os carraleses e carralesas”. Así mesmo, solicitan a colaboración veciñal para dar cos autores e autoras destes feitos.